lunes, 31 de enero de 2011

UN SAÚDO DENDE AGUIÑO.

Ola amigos e amigas!

No primeiro trimestre comenzamos esta nova experiencia. Informamos ás familias difundindo o proxecto a través de marcapáxinas e autocolantes co logo deste proxecto entre centros "Teceredes".
Fixemos obradoiros de postais de nadal e montamos as exposicións a medida que foron chegando postais de Lleida, València e Asturias.




Tamén deseñamos ARCEsaurius, que son animais da prehistoria que se che dan un bico te convirten en pedra, como as pedras de millóns de formas que temos na ría de Aguiño e que foron as ilustracións de moitas das postais.

Todos os coles deseñaron unha postal dixital para encher os correos electrónicos de bos desexos. Esta foi a nosa (que tamén a fixemos en formato papel):

A nosa mensaxe foi: AS ÁRBORES SEN RAICES CORREN O RISCO DE DESAPARECER, OS POBOS DEN LINGUA, TAMÉN!
SAÚDE E RAICES PARA TODAS E TODOS.
Podedes ver máis fotos nos blogues do colexio sobre as distintas actividades:
Sobre Arcesaurius:
Arcesaurius I
Arcesaurius II
Arcesaurius III
Sobre obradoiros de postais:
Postais I
Postais II
Postais III

CEIP DE AGUIÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario