O Samaín é unha festa de orixe celta, celebrábase na noite do 31 de outubro representando o fin da temporada das colleitas e o comezo da estación escura, era considerada polos celtas como o ano novo celta. Era polo tanto unha festa de transición, o paso dun ano a outro, e a apertura ao outro mundo, ao mundo dos espíritus dos difuntos, que nesa data tiñan autorización para camiñar entre os vivos. Para manter aos espíritus contentos e alonxar das casa os malos espíritus, deixaban comida fóra das casas. No Samaín era costume vaciar cabazas e acender candeas dentro delas. Aquí tendes as arrepiantes e monstruosas cabazas de Aguiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario