lunes, 5 de diciembre de 2011

Obra de arte colectiva

Os nenos e nenas de infantil, colleron os pinceis e as pinturas e quixéronnos agasallar con esta obra colectiva.

Trátase dunha homenaxe ao percebe, elemento cultural, paisaxístico e económico da nosa zona, Aguiño.

O deseño é da asociación Manisdixital de Riveira, que colabora co noso cole. A gama de cores empregada, fai referencia a orixe de cada un dos centros que participamos no proxecto TECEREDES, e os fondos, as cores das boias do noso logo.

Esperamos que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario