O día comenzou como se fose outro día
calquera: levantarse, ducharse, desayuno e reunión na praza. Alí lucimos todos o
noso mellor sorriso, para quedar inmortalizados eternamente nas fotos que
servirán de recordo desta semana de convivencia. Tamén se achegou para o evento
a televisión asturiana, que recolleu o grito “Eu apoio a Teverga” en tódalas linguas dos que participamos no proxecto.
Despois chegou o momento das
despedidas nas que houbo de todo: choros, abrazos, apertas, intercambio de
contas de correo electrónico…
O primeiro grupo en marchar foi o de Lleida, xa que o seu viaxe era moi longo, despedíronse de nós e subiron ao
autobús con tristeza.
Os demáis collemos tamén o
autobús pero con dirección a Oviedo, onde nos esperaban dous guías para
explicarnos os aspectos máis relevantes da cidade oventense.
Alí vimos a casa máis antiga de
Oviedo, o testeiro da antiga igrexia de
San Tirso, a Catedral coa súa torre gótica, a porta pola que antigamente
entraban os peregrinos que facían o
Camiño de Santiago. Para rematar visitamos
o Museo Arqueolóxico no que vimos un fermoso claustro onde se
encontran as tumbas da familia Quirós.
Despois da visita fomos ao parque
de San Francisco, onde comemos de picnic. Alí despedímonos dos nosos
amigos e amigas valencianos, que se dirixiron a pé ata estación de tren, e tamén
dos nosos anfitrións, os nenos, nenas e mestras de Asturias, aos que lles estamos moi agradecidos pola boa acollida que nos ofreceron.
O camiño de volta a casa foi
triste, algúns durmiron un anaco, outros dsifrutaron da paisaxe…foron uns días
inesquecibles nos que fixemos moitos amigos e amigas e que quedarán sempre no
noso recordo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario